EL ESTUDIANTE


Sección: 
Sección "O Mellor do Ano"
Día e hora: 
Martes, 20 Setembro, 2011 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
México
Ano: 
2009
Duración: 
90 minutos
Género: 
Drama
Director/a: 
Roberto Girault
Guión: 
Roberto Girault
Montaxe: 
Roberto Girault e Ariana Villegas
Música: 
Juan Manuel Langarica
Fotografía: 
Gonzalo Amat
Reparto: 
Jorge Lavat
Reparto: 
Norma Lazareno
Reparto: 
José Carlos Ruiz
Reparto: 
Cristina Obregón
Reparto: 
Pablo Cruz
Outros datos de interés:

Clausurou o Festival de Cine de San Sebastián 2010

Sinopsis:

Un home de 70 anos, chamado Chano, acaba de inscribirse na universidade para estudar Literatura, e cunha marcada actitude quixotesca rompe a brecha xeracional cos seus novos compañeiros de estudios. Así, nun encontro de costumes e tradicións diferentes, compartirán desexos e ensinanzas, pero tamén, en medio do romance, a amizade e a intriga terán que superar distintas probas da vida.

Dirixe o debutante Roberto Girault, que xa producira e escribira a película Guadalupe. Segundo o director, a película “é un proxecto que empezou hai máis de 5 anos, cando o meu socio e produtor executivo Gastón Pavlovich conceptualizou unha idea que nos emocionou a todos. Desde o principio vimos o potencial que tiña o argumento e decidimos que o tiñamos que levar á pantalla grande. Ao desenvolver a idea, baseada na aventura de Chano, que aos seus 70 anos decide entrar na Universidade, desenvolveuse unha historia inspirativa, motivadora e romántica que toca temas de amizade, de loita por alcanzar os soños, de entrega, de solidariedade e de amor. En poucas palabras: unha historia moderna que nos seus miolos destaca e resalta toda a filosofía dun gran clásico: O Quixote”.