El frasco


Sección: 
Ciclo Igualdade
Día e hora: 
Xoves, 24 Setembro, 2009 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
El frasco
País: 
Arxentina
Ano: 
2009
Duración: 
93 minutos
Director/a: 
Alberto Lecchi
Guión: 
Pablo Solarz
Montaxe: 
Javier Ruiz Caldera
Música: 
Julián Vat
Fotografía: 
Hugo Colace
Reparto: 
Darío Grandinetti (Pérez)
Reparto: 
Leticia Brédice (Romina)
Reparto: 
Martín Piroyansky (Luis)
Reparto: 
Nicolás Scarpino (Empleado estación)
Reparto: 
Atilio Pozzobón (Acosta)
Outros datos de interés:

Conseguiu a Espiga de Prata e o Premio do Público na Semana Internacional de Cine de Valladolid.

Sinopsis:

Pérez é chofer dunha liña de ómnibus. Sempre un mesmo percorrido. Un día vai, ó outro día volve. De corenta anos, sen amigos, de aspecto pulcro, tímido, serio, algo torpe. Case non fala, por iso dinlle “o mudo”. Na súa viaxe diaria pasar por varios pobos pequenos onde, día a día, repite os mesmos movementos, saúda da mesma maneira, sentan o mesmo lugar e come o mesmo. Só nun deses paradores hai algo que os trastorna e conmove. Aínda que ninguén o sabe, xamais se atrevería a confesalo, alí vive. Romina é a mestra do pobo. A súa simpleza esconde a unha muller atractiva e misteriosa. Vive nunha casa rodante. Só os que coñecen o seu pasado saben por que nunca a viron cun home. Cústalle relacionarse. Os nenos, os seus alumnos, parecen ser o seu único contacto coa terra. Só a detención do ómnibus que pasa unha vez ó día polo pobo chama a súa atención. Unha orde do Ministerio de Educación obrígaa a facerse unha análise. Como ela non pode viaxar, pídelle a Pérez que a leve. Pérez viaxa ensimesmado por ese frasco, pero nun descoido, cáelle e rompe. Non pode crer a súa torpeza, necesita quedar ben con Romina e ocórreselle unha absurda solución.

É a décima película dirixida por Alberto Lecchi (Bos Aires, Arxentina, 1954), que nos seus inicios como asistente de dirección realizou máis de 40 películas xunto a recoñecidos directores. A súa filmografía complétase con Perdido por perdido (1993), El dedo en la llaga (1996), Secretos compartidos (1997), Operación Fangio (1999), Nueces para el amor (2000), Apariencias (2000), Déjala correr (2001), El juego de Arcibel (2003) e Una estrella y dos cafés (2006).