Nuevos Directores Festival de Cine de San Sebastián-2013.
Dubai Internacional Film Festival-2013.
Internacional Film Festival Rotterdan-2014.
FICG 29-Festival Internacional de Cine de Guadalajara (México)-2014.
Premio do Xurado-Festival Internacional de Cine de Ourense-2013.
En 2011, a crise golpea con forza e Hassan, inmigrante marroquí que entrou ilegalmente en España hai 13 anos, decide emprender a viaxe de volta á casa. Inviste todos os seus aforros nun tractor de segunda man para ganar a vida no seu país e planea levalo a Marrocos. Así, emprende a viaxe de regreso coa que será a súa única posesión, tras máis dunha década de traballo, por todo o país: O Raio, un vello tractor. Conduce desde Cózar ata Alxeciras, e desde o barco ata o fogar da súa familia en Marrocos, onde empezará de novo desde cero. O seu periplo é un argumento a favor da humildade, o entendemento e a solidariedade entre semellantes e estraños.
Fran Araújo foi guionista na serie de televisión Periodistas; escribiu e dirixiu varios documentais e curtametraxes. Ernesto de Nova traballou en televisión, pero a súa paixón é o mundo do documental e do cine. El Rayo é a primeira incursión na dirección de longametraxes para ambos. Foi seleccionada a competición na sección “Nuevos Directores” do Festival de Cine de San Sebastián en 2013.