Un procónsul romano encarga a dez fortes e atléticos gladiadores, encabezados por Rocca, que rapten á moza Moluya, a raíña do veciño país de Arbala, co fin de apoderarse do seu reino. Chegados ao lugar, na súa capital, os gladiadores entrevístanse cun residente romano por mediación do cal coñecen á raíña Moluya. Cando os gladiadores están reunidos nunha taberna para ultimar o plan, son atacados por uns descoñecidos.
Segunda entrega da saga de Los diez gladiadores que se completaría coa terceira e última Espartaco y los diez gladiadores. Representativo peplum dos sesenta, época dourada do subxénero de romanos.