EL VIAJE DE LESLIE


Sección: 
Ciclo "Colleita Dourada"
Día e hora: 
Sábado, 26 Setembro, 2015 - 20:00
Lugar: 
MHL Museo Interactivo da Historia de Lugo
País: 
Galicia - España
Duración: 
75 minutos
Director/a: 
Marcos Nine
Montaxe: 
Marcos Nine
Sinopsis:

O 1 de xuño de 1943 produciuse un incidente aéreo fronte á costa de Galicia. O voo 777, un avión comercial que cubría a liña Lisboa - Bristol, foi atacado por cazas alemáns. O avión resultou abatido, caeu ao mar e ningún dos seus ocupantes sobreviviu. Foi un incidente propio da Segunda Guerra Mundial, pero non un suceso máis. Tivo unha especial repercusión e aínda hoxe se especula coas razón que o motivaron. Entre os pasaxeiros deste avión, viaxaban Tyrrel Milmay Shervington (xefe do servizo secreto en Lisboa e director da Shell), Wilfrid B. Israel (director da Axencia Xudía en Londres), Ivan James Sharp (encargado dunha misión de compra de volframio), así como o célebre actor inglés Leslie Howard.