ELENA


Sección: 
Sección O Mellor do Ano
Día e hora: 
Xoves, 19 Setembro, 2013 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
Rusia
Ano: 
2011
Duración: 
109 minutos
Género: 
VOSE
Director/a: 
Andrey Zvyagintsev
Producción: 
Alexander Rodnyansky
Guión: 
Oleg Negin e Andrey Zvyagintsev
Montaxe: 
Anna Mass
Música: 
Philip Glass
Fotografía: 
Mikhail Krichman
Reparto: 
Andrey Smirnov (Vladimir), Nadezdha Markina (Elena), Elena Lyadova (Katerina), Alexey Rozin (Sergey), Avgenia Konushkina (Tatyana), Igor Ogurtsov (Sasha), Vasiliy Michkiv (abogado) e Alexey Maslodudov (Vitek).
Outros datos de interés:

Distribuidora en España: Golem.

2011: Festival de Cannes: Premio Especial do Xurado (Sección "Una cierta mirada")

2011: Festival de Sevilla: Mellor actriz (Nadehhda Markina) (ex-aequo)

Sinopsis:

Elena e Vladimir forman unha parella de persoas maiores procedentes de medios moi diferentes. Vladimir é un home rico e frío; Elena é unha muller modesta e dócil. Coñecéronse tarde e cada un ten un fillo dun matrimonio anterior. O fillo de Elena está en paro e non consegue manter á súa familia, polo que sempre pide diñeiro á súa nai. A filla de Vladimir é unha moza descoidada que mantén unha relación distante co seu pai. Vladimir ingresa no hospital despois de sufrir un infarto e alí decátase de que pode morrer antes do que cría. Un breve momento cheo de tenrura coa súa filla faille tomar unha decisión importante: deixaralle todo o que ten. De volta á casa, comunícallo a Elena que de pronto ve derrubarse a esperanza de axudar economicamente ao seu fillo. A ama de casa tímida e submisa decide elaborar un plan para poder ofrecer ao seu fillo e aos seus netos unha auténtica oportunidade na vida.