ELEUTERIO SÁNCHEZ CONTRA EL LUTE


Sección: 
Ciclo Cárceres
Día e hora: 
Xoves, 21 Setembro, 2017 - 19:30
Lugar: 
Vello Cárcere
País: 
España
Ano: 
2017
Duración: 
52 minutos
Director/a: 
Carlos Moro Lapierre
Sinopsis:

“Non creo en absoluto na liberdade do home”. Quen afirma isto non é un académico, nin un filósofo, senón un home que foi nómade, quinqui, preso, foraxido, escritor, pai, marido … todo iso e moito máis é Eleuterio Sánchez, “El Lute”, o fuxitivo máis famoso de España. Conseguiu escribir o seu testemuño agachado nos sumidoiros de Sevilla, onde á luz dun quinqué, acazapado, esperando que o matasen, redactou as súas memorias. Quen lle ía dicir a el, o máis pobre entre os pobres, o máis quinqui, o máis abandonado, que lograría sortear o analfabetismo e incluso cursar estudos universitarios? Quen lle ía dicir a el que o seu libro se convertería nun éxito de vendas, e que este, o seu maior golpe de sorte na vida, sería arruinado pola que daquela fora a súa amante, unha suíza de clase alta, privilexiada e caprichosa? Na vida de Eleuterio subxace a recente historia de España, unha historia de superación e de profundos cambios, unha páxina da nosa historia que hoxe, máis ca nunca, non convén esquecer.