En tránsito


Sección: 
A muller protagonista
Día e hora: 
Xoves, 22 Setembro, 2016 - 18:00
Lugar: 
MHL Museo Interactivo da Historia de Lugo
País: 
España
Ano: 
2016
Duración: 
87 minutos
Director/a: 
Oskar Tejedor
Música: 
Jorge Granda
Fotografía: 
Álvaro Herrero. Sonora Estudios
Sinopsis:

Aborda as realidades de miles de madres latinoamericanas que viaxan soas a Europa para encontrar unha estabilidade económica e as consecuencias desa relación transnacional á distancia que establecen cos seus fillos e fillas. Situacións límites das que non se fala, das que non se sabe e que terán unha importante repercusión para toda a súa vida. 

A través do diálogo que se establece entre estas mulleres inmigrantes e os seus fillos e fillas, En tránsito mostra o día a día de como se vive a migración “acá” e como son as condicións dos que se quedan “alá”. Unha comunicación chea de códigos cuxa mensaxe ás veces non chega, pérdese ou se transforma e é imprescindible coñecer as dúas realidades para descifralo.