ENCONTRARÁS DRAGONES


Sección: 
Sección "O Mellor do Ano"
Día e hora: 
Mércores, 21 Setembro, 2011 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Título Orixinal : 
There be dragons
País: 
EE.UU. - Arxentina - España
Ano: 
2011
Duración: 
120 minutos
Género: 
Drama
Director/a: 
Roland Joffé
Guión: 
Roland Joffé
Montaxe: 
Richard Nord
Música: 
Stephen Warbeck
Fotografía: 
Gabriel Beristain
Reparto: 
Charlie Cox
Reparto: 
Wes Wentley
Reparto: 
Dougray Scout
Reparto: 
Unax Ugalde
Reparto: 
Olga Kuylenko
Reparto: 
Jordi Molla
Sinopsis:

Cando Roberto Torres, un xornalista de investigación que vive en Londres, visita España en 1982 para facer unha serie de investigacións sobre o Opus Dei, institución sobre a que pensa escribir un libro, atópase cun muro. A súa máis prezada fonte de información, seu pai, Manolo Torres, resístese a contarlle a dolorosa historia que o relaciona co fundador, Josemaría Escrivá. A historia remóntase a principios do século XX. Aínda que Manolo e Josemaría eran amigos desde a infancia, as súas vidas tomaron uns camiños radicalmente distintos. Josemaría, o fillo maior dunha familia unida, marcada por unha serie de mortes tráxicas, converteuse nun sacerdote cheo de ideais; mentres que Manolo –fillo dun rico industrial, que o educou de forma autoritaria e fría- foi desenvolvendo co paso dos anos un odio implacable cara aos sindicatos e a revolución.

A mediados dos anos trinta, cando España entrou na espiral que a conduciu ata unha guerra fratricida, Manolo simpatizou co bando nacional e infiltrouse nas filas republicanas como espía. A dobre vida de Manolo complicouse aínda máis ao namorarse perdidamente dunha fermosa húngara revolucionaria, Ildiko, que o rexeitou desde o primeiro momento, preferindo a un valente líder revolucionario, Oriol. Desde aquel momento, o odio e a vinganza comezaron a botar raíces no corazón de Manolo, provocando unhas consecuencias brutais nas súas vidas. Mentres tanto, noutro lugar de Madrid, varios estudantes católicos seguían a un mozo sacerdote, Josemaría Escrivá, en medio de diversas peripecias. Cando se desencadeou a Guerra e comezaron a incendiar igrexas e a asasinar sacerdotes, Josemaría trata de evitar o círculo vicioso do rancor e a violencia. Eran tempos perigosos nos que Josemaría se viu forzado a fuxir, vestido de civil, escapando do cerco das milicias anticlericais. Aínda así, continuou co seu traballo, en ocasiones nos lugares máis insospeitados, como o Zoo, ata que os seus seguidores lle aconsellaron que se escondese nunha clínica para enfermos mentais.

Dirixe Roland Joffé (Londres, 1945), autor de Los gritos del silencio (1984), La misión (1986), Creadores de sombras (1989), La ciudad de la alegría (1992), La letra escarlata (1995), Goodbye lover (1998), Vatel (2000) e Captivity (2007). As raíces de Joffé fúndense no teatro británico, onde foi o director máis novo da historia do Teatro Nacional antes de irromper no mundo da televisión a través de Granada, Thames e a BBC. O éxito de espectáculos do tipo de Coronation Street e The Stars Looks Down deulle a oportunidade de perfeccionar o seu oficio e, ao mesmo tempo, permitiulle escribir os guións de moitos dos espectáculos que dirixiu. O seu éxito inicial nunha serie de documentais dramáticos sentou a base da súa primeira longametraxe, Los gritos del silencio. 

Escrivá fundou o Opus Dei “Obra de Deus” en Madrid en 1928 e poucos anos despois o Opus Dei converteuse nunha das realidades máis destacadas da Igrexa Católica. Cando Josemaría faleceu en 1975, o Opus Dei estaba presente en numerosos países dos cinco continentes.

Na actualidade esta institución da Igrexa conta con 90.000 membros. Moitos dos que escoitaban a Josemaría asombrábanse de que dixera que se podía alcanzar a santidade sen necesidade de facerse sacerdote ou de retirarse a un mosteiro. O Papa Xoán Pablo II cano nizouno no ano 2002 ante unha multitude de 500.000 persoas en Roma e chamoulle “o santo do cotián”.