ENTRE MARBELLA E TORREMOLINOS


Sección: 
Curtas Sección Oficial
Día e hora: 
Mércores, 19 Setembro, 2012 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Director/a: 
Xosé Reigosa
Guión: 
Xosé Reigosa
Montaxe: 
Andrea Vázquez García.
Fotografía: 
Xosé Reigosa
Productora: 
Miramemira
Outros datos de interés:

Cámaras: Andrea Vázquez García,Damián Varela Pastrana e Daniel Reigosa Menéndez.

Música adaptada e interpretada por Oles Savchuk (violín), Natalia Bilenko (violín) e Alis Martínez (violonchelo)

Sinopsis:

En 1954 inaugúrase o Hospital Psiquiátrico Provincial San Rafael, en Castro de Ribeiras de Lea (Lugo), coñecido popularmente como “O Manicomio de Castro”. Ao longo dos seus case 60 anos de existencia, pasaron por el miles de enfermos, tanto de pago como de beneficencia.

Seguindo unha corrente da medicina psiquiátrica que propugna a desmanicomialización, buscando unha alternativa a este tipo de centros, alá polos anos 90 decídese pechar este manicomio, pero non é ata principios de 2012 cando por fin se pecha.

O manicomio, así como a maioría dos internos, estaban totalmente integrados no pobo e formaban parte da súa paisaxe da forma máis natural, polo que o seu peche supón para Castro de Ribeiras de Lea unha gran perda, tanto a nivel humano como económico.

Este documental relata a vida dentro do manicomio e os últimos días da súa existencia, a través de entrevistas coa súa directora, dos internos, dos psiquiatras e un veciño de Castro.

Xosé Reigosa

Nace en San Cosme de Barreiros - Lugo. Comeza a realizar fotografías de forma autodidacta a finais dos anos 70. Realizou arredor de cincuenta exposicións entre individuais e colectivas. Colaborou en diversas publicacións. Os seus traballos xiran maioritariamente en torno ao tema social e á figura humana. Os seus últimos traballos son:

Universos Cohabitados en los Caminos a Santiago, un traballo fotográfico realizado en colaboración co artista performista uruguaio Alejandro Masseilot e exposto en varias cidades de Sudamérica e Entre Marbella e Torremolinos, imaxes de manicomio, consistente nunha serie de fotografías e un vídeo documental sobre os últimos días do Manicomio de Castro de Ribeiras de Lea. Tamén ideou o proxecto “EntoleArte” levado a cabo no mesmo lugar. Imparte cursiños, charlas e obradoiros relacionados coa fotografía.