ENTREPARADAS - Fundación ANADE - PREMIOS DE CINE


Sección: 
Ciclo Homenaxes
Día e hora: 
Venres, 19 Setembro, 2014 - 20:00
Lugar: 
Deputación Provincial
País: 
España
Director/a: 
Toño Chouza
Outros datos de interés:

 Mellor Película VI FECIDISCOVI-2013-Collado Villaba-Madrid.  

Fundación ANADE

Sinopsis:

 Mediante unha acción ideada e coordinada pola Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia, Entreparadas, o documental recolle en 62 minutos un proxecto que se prolongou máis dun ano e que levou ás rúas de Ourense unha historia de integración, valores e convivencia. A longametraxe fixa a súa mirada en José, con parálise cerebral, e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas de diferentes colectivos en risco de exclusión social. Unha idea: un grupo de teatro “invisible” que actúa nos autobuses urbanos. Un soño: Aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social que chega a moitos viaxeiros entre parada e parada.