ESO QUE LLAMAN AMOR


Sección: 
Ciclo "Sección Oficial"
Día e hora: 
Mércores, 23 Setembro, 2015 - 23:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
Argentina
Ano: 
2014
Duración: 
97 minutos
Director/a: 
Victoria Miranda.
Guión: 
Victoria Miranda.
Montaxe: 
Nicolás Fedor Sulcic.
Música: 
David Bensimon e Mauro Cambarieri.
Fotografía: 
Pablo Parra e Ariel Contini.
Reparto: 
Diana Lamas, Laura Cymer, Verónica Intile, Roberto Vallejos, Gustavo Pardi, Carlos Portaluppi, Irene Almus, Lucas Ferraro Martin e Crespo Matías Marmorato
Outros datos de interés:

Primeira selección a festival e estrea mundial en festivais realizado o 10 de marzo de 2015 no Festival de Cine de la Mujer Marialionza, Venezuela, San Felipe.

Sinopsis:

Eso que llaman amor é unha longametraxe dramática, con toques de comedia, que trata sobre os vínculos de parella. Zara, unha obsesiva e violenta pintora en crecemento profesional, que soña tamén con ser nai, verase enredada nunha conflitiva relación de parella, sostida pola dependencia con Francisco. As historias de Zara, Verónica e Mora cruzaranse e entrelazaranse a través de recordos, lugares, e persoas en común. Comprobarase finalmente que non sempre é o amor o sustento dunha parella, aínda cando todas se constrúan en nome del.

Victoria Miranda é guionista e directora para cine, televisión e novos dispositivos audiovisuais. Tamén é directora de actores a través da técnica Movemento e anteriormente orientou os seus estudos á Psicoloxía. É script doctor a nivel nacional e internacional e profesora de guión de longametraxe ficción en Guionarte e de Dirección e Posta en Escena nivel 2 en Bos Aires Comunicación. Realizou en SICA (Sindicato da Industria Cinematográfica Arxentina) perfeccionamentos en montaxe, animación 3D e fotografía. É creadora, produtora, e directora de Inocencia Cero Productora Audiovisual. É guionista e directora,  entre outras películas,  de Mi mama me mima.