Premio:
Mestre Mateo: Mellor Documental, Mellor Fotografía e Mellor Montaxe
Hai máis neuronas nun cerebro humano que partículas no universo. Pero se puidésemos poñelas unha detrás doutra, o único que veríamos sería un pequeno río. Un río insignificante e ao mesmo tempo infinito. Baixo as rúas da Coruña hai un río que moitos esqueceron, pero que de vez en cando se desborda reclamando o que unha vez foi o seu curso.