FUERA DE CARTA


Sección: 
Y, PARA COMER LUGO... Cine e Gastronomía
Día e hora: 
Venres, 23 Setembro, 2011 - 20:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
País: 
España
Ano: 
2008
Duración: 
111 minutos
Género: 
Comedia
Director/a: 
Nacho G. Vellina
Guión: 
Oriol Capel, David Sánchez Olivas, Antonio Sánchez Olivas y Nacho G. Velilla
Montaxe: 
Ángel Hernández Zoido
Música: 
Juanjo Javierre
Fotografía: 
David Omedes
Reparto: 
Javier Cámara
Reparto: 
Lola Dueñas
Reparto: 
Fernando Tejero
Reparto: 
Chus Lampreave
Reparto: 
Luis Varela
Outros datos de interés:

Presentouse no Festival de Cine Español de Málaga

Sinopsis:

Todo empeza en “Xantarella”, un restaurante de alta cociña de mercado situado no barrio de Chueca, en Madrid. A Maxi, o seu xefe de cociña e orgulloso propietario, as cousas non lle poden ir mellor: a punto de entrar nos corenta, o seu local soa como próximo destinatario dunha prestixiosa estrela Michelín. Para conseguila conta con Alex, a súa xefa de comedor e mellor amiga, e cun equipo de cociña que, aínda que ás veces se porta coma unha clase de parvulario, faille ás veces de familia. Pero, a ambición profesional de Maxi verase truncada pola aparición de Edu e Alba, os seus fillos, de quince e seis anos, dos que ten que facerse cargo debido á repentina morte da súa nai. Nos planes de Maxi non encaixa o convivir con eses nenos, froito dun matrimonio de escaparate aos que tivo que abandonar ao saír do armario. Pero iso non é o único que non encaixa nos seus plans. A chegada dun novo veciño, Horacio Peretti, un atractivo ex futbolista arxentino, acabará de poñer as vidas de Maxi, Alex, Edu e Alba patas arriba. O amor, a familia, os celos e a paternidade son ingredientes cos que Maxi terá que aprender a cociñar, desde “Xantarella”, a súa nova vida.

É a primeira longametraxe dirixida por Nacho G. Velilla, cunha ampla formación académica vinculada desde os inicios ao ámbito xornalístico audiovisual e especializada na Universidade de Coventry (Inglaterra) na rama de Film & Television. Nacho G. Velilla fixo a súa inmersión no mundo da televisión como guionista e director tras ser redactor en Antena 3 e no Heraldo de Aragón. Empezou traballando como director e guionista de vídeos musicais e do documental Visiones artísticas para el fin del Milenio. A gran oportunidade para demostrar as súas boas dotes para a comedia veu da exitosa serie Médico de Familia, producida por Globomedia para Telecinco, na que Velilla era guionista. A produtora non dubidou en volver a contar con el, esta vez para a dirección, guión e produción executiva da mítica 7 Vidas, de Aída, e tamén foi director e coordinador de guións de Gominolas, emitida en Cuatro.