Gigante


Sección: 
A Muller Protagonista
Día e hora: 
Sábado, 2 Outubro, 2010 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Gigante, una historia de amor XXL
País: 
Uruguai - Arxentina - Alemaña - España
Ano: 
2009
Duración: 
90 minutos
Director/a: 
Adrián Biniez
Guión: 
Adrián Biniez
Montaxe: 
Fernando Epstein
Música: 
Varios compositores
Fotografía: 
Arauco Hernández
Reparto: 
Horacio Camandule
Reparto: 
Leonor Svarcas
Outros datos de interés:

Conseguiu o Premio Oso de Prata, o Premio á Mellor Ópera Prima e o Alfred Bauer no Festival de Cine de Berlín.

Presentouse no Festival de Cine de San Sebastián dentro da Sección Horizontes Latinos.

Sinopsis:

Jara, de 35 anos, é un solitario e tímido garda de seguridade nun supermercado de Montevideo. Encárgase de controlar os monitores desde un cuarto. Dado que ten quenda de noite, non hai moito movemento, e fai máis ou menos o mesmo que faría na súa casa: ver películas, facer encrucillados e escoitar música. A súa vida cambia ao descubrir por casualidade a Julia, de 25 anos, unha das mulleres da limpeza. Ao principio, Jara limítase a observala a través das cámaras de seguridade, pero non tarda en empezar a seguila cando vai ao cine, á praia, e incluso cando sae con outro home. Un día, corre o rumor de  que a dirección vai facer un recorte de persoal. Julia está entre os despedidos. Jara atópase ante un dilema: intentar esquecer a súa obsesión ou enfrontarse a ela.

É a primeira longametraxe dirixida por Adrián Biniez (Bos Aires, 1974), que nos anos noventa foi o cantante e compositor do pop arxentino Grupo Reverberación, co que gravou dous discos e realizou numerosas xiras. En 2003 tivo un pequeno papel como músico de karaoke na película Whisky. Foi guionista da premiada serie El Fin del Mundo, alardoada co Fona 2005, entre outros premios. En 2005 participou en El Talent Campus da Universidade de Bos Aires. Formou parte do III Curso de Proxectos Cinematográficos Latinoamericanos en Madrid. En 2005 rodou a curta 8 horas, que obtivo o primeiro premio do Festival de Cine Independente de Bos Aires 2006 (BAFICI) e o primeiro premio do Festival Cinematográfico Internacional de Uruguai 2006. A súa segunda curta, Total disponibilidad, participou en BAFICI 2008.