HELP


Sección: 
ESPECIAL THE BEATLES (50 Aniversario)
Día e hora: 
Xoves, 22 Setembro, 2011 - 20:00
Lugar: 
Vicerreitorado Universitario (Casa do Coñecemento)
Título Orixinal : 
Help
País: 
Reino Unido
Ano: 
1965
Duración: 
90 minutos
Género: 
Comedia musical
Director/a: 
Richard Lester
Guión: 
Charles Wood y Marc Behm
Montaxe: 
John Victor Smith
Música: 
The Beatles, George Martin y Ken Thorne
Reparto: 
The Beatles
Reparto: 
Leo McKern
Reparto: 
Eleanor Bron
Reparto: 
Patrick Cargill
Reparto: 
Victor Spinetti
Reparto: 
Roy Kinnear
Reparto: 
Mal Evans
Sinopsis:

Esta segunda película dos Beatles é unha das máis disparatadas e divertidas do seu repertorio. Un ano despois de A hard day’s night, R. Lester reúne aos Beatles e pensan xuntos en realizar non un documental, senón unha película cunha historia como núcleo.

Esta historia, por suposto, sería una historia absurda, con moita loucura e novas cancións, que serven para desenvolver un argumento que xira arredor dun diamante desexado por unha banda de hindús adoradores dunha deusa que necesita sacrificios humanos. Todo iso cheo dunha feroz crítica a todas as institucións máis tradicionais das Illas Británicas, incluída a coroa. R. Lester e os Beatles tamén arremeten con gran humor e forza contra Scotland Yard, parodiando a valentía e a sagacidade dos seus axentes e a decadencia institucional das colonias británicas. Outro branco das súas bromas é o mítico James Bond, ao que parodian en varios fragmentos da película. En canto á banda sonora, á marxe das cancións dos Beatles, existe unha formidable utilización de fragmentos de música clásica como feliz contraste de momentos particularmente violentos. Help!, como A hard day’s night no seu momento, supuxo unha revolución no mundo do cine. A hard day’s night revolucionou o concepto do cine sobre un grupo, e Help! revoluciona o concepto da participación dun grupo de música no cine, sobre todo no cine de aventuras tratado con humor. Foi escrita por Charles Wood e Marc Behm.