Presentouse no Festival de Cine de Berlín.
Foi candidata aos galardóns á mellor actriz (Marianne Faithfull) e actor (Miki Manojlovic) de Premios do Cine Europeo.
Maggie, unha muller de mediana idade, debe conseguir diñeiro para pagar o tratamento médico que necesita o seu neto. A pesar de ter esgotado os seus recursos financeiros, Maggie esfórzase en animar aos desesperados pais do neno. Andando por Londres ve un cartel de “Búscase azafata” e Maggie, inxenua, entra sen pensalo nun club erótico. Cando se decata exactamente de que se trata, a respectable viúva de clase media queda sorprendida. Maggie é tímida e non o pasa ben en “Sexy World”, un mundo que queda moito máis lonxe que o traxecto en tren desde o seu respectable pobo nas aforas da gran cidade. A súa enxeñosa compañeira Luísa ensínalle os trucos do oficio e nace unha sorprendente amizade entre as dúas mulleres. Miki, o dono do local, é un tipo duro e mullereiro que se abranda diante de Maggie e a transforma na moi demandada e lucrativa “Irina Palm”. Pero, a dobre vida da viúva non tarda en chamar a atención das súas amigas e veciñas, auténticas contiñeiras. Maggie non revela o seu segredo e menos aínda ao seu fillo. Pero é inevitable que a descubran. Deberá afrontarse ao feo rostro da hipocrisía provinciana, ademais de cuestionarse a súa moral.
É a segunda longametraxe dirixida por Sam Garbarski (Planegg, Bavaria, Alemaña, 1948) tras Le tango des Rashevski (2003), que foi presentada en numerosos festivais internacionais e ganou o Premio da Municipalidade de Xerusalén en 2004 no Festival de Cine de Xerusalén. Dirixiu tres curtas: La dinde (1999), La vie, la mort et le foot (2000) e Joyeux Noël, Rachid
(2000). Ten a nacionalidade belga. Despois de 20 anos dirixindo a súa propia axencia de publicidade, empezou a dirixir anuncios en 1997. Como realizador, ten no seu haber máis de 50 anuncios, moitos deles premiados en Cannes, Nova York e Londres.