Premios:
Fic-Cat - Festival Internacional de Curtmetratges en Català (España): mellor documental.
-Certamen de Cortometrajes por Caracoles (España): mellor curtametraxe.
-Sicorto - Semana Internacional del Corto de Cochabamba (Bolivia): mellor curtametraxe.
-Festival de Curtmetratges de Manlleu (España): mellor documental.
-Cinefoot: Festival de Cinema de Futebol (Brasil): mellor curtametraxe.
-Festival de Cortometrajes Radio City de Valencia (España): premio do público.
-”La Muestrita” - Muestra de Cortos bajo las Estrellas de Lavapiés (España): premio do público.
-Jornadas de Cine Independiente en Buenos Aires (Arxentina): segundo premio á mellor curtametraxe.
-Curtocircuito - Festival Internacional de Cortometrajes de Santiago de Compostela (España): mellor documental, segundo premio á mellor curtametraxe do público e finalista ao mellor guión.
-Fresno Filmworks Film Festival (Estados Unidos): premio do público á mellor curtametraxe.
-Festimatge - Certamen de Curtmetratges Trofeu Torretes de Calella (España): mellor traballo en catalán.
-Iff Kids International Film Festival (Canadá): Golden Sprocket Award á mellor curtametraxe.
-Worldfest - Houston International Film & Video Festival (Estados Unidos): premio Remi de ouro.
-Certamen de Cortometrajes Gvp (España): mellor curtametraxe.
-Premis Miquel Fàbregues de Reportatges i Documentals (España): segundo premio ao mellor documental.
-11mm Shortkicks International Football Film Festival (Alemaña): mellor curtametraxe.
-Muestra de Cine Internacional de Palencia (España): mellor curtametraxe.
-Festival de Cortometrajes de Aguilar de Campoo (España): premio do xurado xoven.
-Rassegna Cinematografica Internazionale Sportfilmfestival (Italia): finalista á mellor película sobre fútbol.
-Sportfilm Liberec World Ficts Challenge (República Checa): mención especial do xurado.
-Ciclo de Cine “En Corto Joven” (España): mellor curtametraxe.
L’equip petit é a historia dun equipo de fútbol que nunca gañara. Nin sequera marcara un gol. Ivan, Gerard, Nil, Xavier, Ruth, Eduard, Emma, Pol, Haritz, Cristian, Adrià, Dídac, Roger e Martí soñaban en conseguilo algún día.
Aínda que a súa relación viña de lonxe, Roger Gómez (Vilanova i la Geltrú, 1974) e Daniel Resines (Barcelona, 1976) decidiron formar en 2009 “El Cangrejo” xunto á produtora Cristina Sánchez. Desde entón estiveron buscando como mesturar realidade e ficción e como compaxinar a televisión, os documentais e a publicidades coas súas tres paixóns: tomar o sol, facer o morto no mar e escoitar o seu tocadiscos. Aparte da súa extensa filmografía en solitario, e xa como “Los cangrejos”, realizaron diversos proxectos entre os que destacan as series televisivas El poble del costat (2010) e Dotze bodes i un funeral (2010), os documentales Rebobinando a Estopa (2009), Regreso a la Española (2009) e Los últimos (2011), e diversos spots e contidos publicitarios para televisión e internet. Tamén son os creadores da serie El entrenador e este verán presentaron a curtametraxe documental L’equip petit (2011) que se converteu nun fenómeno viral en todo o mundo.