A traxedia fai presa no tío Barret. A súa barraca, pola que traballou a terra durante toda a vida, ó igual que o fixeron o seu pai e o seu avó, escápaselle das mans. Agora, na vellez, non rende traballando a horta coma na xuventude e non pode facer fronte aos débitos. Don Salvador, o propietario da barraca apúrao para que pague as débedas contraídas. Ó non poder facelo, denúnciao ao xulgado para que proceda ó desafiuzamento. O tío Barret, Amparo, a súa muller e as súas catro fillas son postos na rúa. Recóllenos os veciños amigos xa que só poden prestarlle esa axuda. O Barret, acendido de rabia, non se resigna a perdelo todo. El irá ó cárcere pero o maldito vello usureiro non gozará da súa barraca.