Conseguiu o premio do sindicato de xornalistas do cine italiano ao conxunto de actores secundarios da película.
A película relata algunhas pequenas historias de hoxe, actuais, vividas ou referidas polos propios protagonistas, clientes esporádicos dun mesmo restaurante. Unha mostra dun tipo de italianos á hora da cea, sorprendidos no seu momento máis sereno e tranquilo do día, cando se descobre máis facilmente ser eles mesmos e se espremen nos seus vicios e virtudes, onde confesan as súas penas, os seus desexos e os seus humores. Unha noite, na que cada un quita a máscara que levou durante todo o día, ao fin vólvese ser a mesma persoa, recoñécese aínda máis como unha parte individual da maraña humana.
Película coral dirixida por Ettore Scola, autor de filmes como Mario, Maria y Mario (1993), Splendor (1988) ou La familia (1987). Está protagonizada por Vittorio Gassman, nunha das súas últimas interpretacións antes de falecer.