A finais do século XVI, na corte de Felipe II, a Casa de Alba pugna por recuperar o favoritismo real que goza o seu opoñente, a Casa dos Mendoza, a cuxa cabeza está a Princesa de Éboli. A noite do luns de Pascua de 1578, uns asasinos a soldo emboscan a Juan de Escobedo, dándolle morte. Mateo Vázquez, un sacerdote e íntegro funcionario da secretaria real, é encargado de investigar o crime. O Duque de Alba, que a pesar dos seus 71 anos, non perdeu nin un ápice da súa enerxía e vigor lendarios, leva tempo postergado na Corte, a expensas do protagonismo crecente que ten o principal secretario do soberano, o Primeiro Ministro Antonio Pérez. A situación en Flandes, baixo o mando do carismático irmán bastardo do Rei, é extremadamente delicada. Por un lado, Guillermo de Orange, polo outro, Inglaterra e, de forma aínda latente, a herexía protestante, fan dos Países Baixos un lugar inhóspito e en continuo conflito, onde, quen posúa información privilexiada, pode chegar a facerse cunha inmensa fortuna. Don Juan de Austria enviou ao seu secretario particular, Juan de Escobedo, a que interceda ante o seu rei Felipe II. Juan de Escobedo, todo presunción e arrogancia, regresou ao Escorial coa misión de esixir diñeiro a Felipe II para financiar a liberación de María Estuardo, raíña de Escocia, e así iniciar unha nova liña monárquica, casándoa con don Juan de Austria. A casualidade fai que Escobedo sexa testemuña dos turbios e apaixonados amoríos entre Ana de Mendoza, Princesa de Éboli, cuxa extraordinaria beleza é tan perigosa como a súa ambición e ante a que é difícil non sucumbir, e o Primeiro Ministro Antonio Pérez. Ademais, é tamén coñecedor do plan de ambos para impedir que sexa enviada calquera axuda ás terras flamencas, xa que iso truncaría os seus intereses financeiros. A partir de entón, unha serie de intentos frustrados poñen en perigo a vida de Juan de Escobedo.
Dirixe Antonio del Real (Cazorla, Jaén, 1947), cuxa filmografía a compoñen as películas El poderoso influjo de la luna (1981), Buscando a Perico (1982), Y del seguro... ¡líbranos Señor! (1983), Café, coca y puro (1985), El río que nos lleva (1989), ¡Por fin solos! (1994), Los hombres siempre mienten (1994), Corazón loco (1996), Cha-cha-cha (1998), Y decirte alguna estupidez, por ejemplo, te quiero (2000), La mujer de mi vida (2001), Trileros (2004) e Desde que amanece apetece (2006).