Raúl ten unha voz magnífica, con posibilidades de obter os máis grandes éxitos. Orfo foi educado desde moi novo por Felipe, un músico que sabe perfectamente das súas posibilidades e que, por iso, o estimula constantemente a conquistar á xente coa súa voz. Como medio para lograr publicidade, indícalle onde pode encontrar unha guitarra que pertenceu a Carlos Gardel. Raúl busca a guitarra en Bos Aires, México e España, e a través das súas andanzas irá colectando éxitos sen darse conta.