Editor: Mikael Svartdahl
Nominación á mellor curtametraxe de escolas do estranxeiro nos Student Academy Awards.
Nominación aos Golden Reel como mellor edición de son.
Mellor produción de universidades británicas. Learning on Screen Award.
Palm Spring Film Festival (EEUU); segundo premio.
Fantoche (Suíza); premio á mellor curtametraxe para nenos, premio da audiencia infantil.
Rodhe Island (EEUU); seleccionado.
Animamundi (Brasil); seleccionado.
Raindance Film Festival (Reino Unido); seleccionado.
Chicago Film Festival (EEUU); seleccionado.
Munich International Film Festival of Film Schools (Alemaña); seleccionado.
Foley Film Festival (Irlanda do Norte); seleccionado.
Olivia é unha octoxenaria que leva unha vida tranquila retirada na súa casa de campo. Unha avaría obriga a un alíen a aterrar no seu xardín. Estes comezan unha relación ata que aparece o exército e leva ao visitante. Olivia ten que facer algo.
Dirixe Alberto Rodríguez Rodríguez. Santa Cruz de Tenerife, 1973. Nominado a un Oscar pola Academia das Artes e as Ciencias de Hollywood na categoría de curtametraxe de escolas do estranxeiro pola curtametraxe The Incredible Story of my Great Grandmother Olive. Graduado en dirección de cine de animación pola National Film and Televisión School de Gran Bretaña, é o autor do libro Proyectos de animación 3D, publicado pola editorial Anaya. No ano 2006 dirixe e produce Las Gafas Equivocadas, curtametraxe premiada en diversos festivais como Animabasauri, Sicarm, Festivit, Baumann, Fernando Quiñoes, e seleccionado noutros como Mundos Digitales, Bradford Film Festival, Art Futura, Canarias-mediafest ou Light House Festival. Tamén adquirido para emitir por diversas televisións europeas, como a BBC no Reino Unido ou a RTI en Italia. Desde o ano 2000 está vinculado á produción de animación en Galicia, onde traballa en diversos estudios como parte do equipo técnico ou director de equipo, traballando en proxectos como a longametraxe El Bosque Animado de Dygra films, premiado con dous Goya, producións estereoscópicas como Jako and the Pet Thief de Enxebre Entertainment, adquirida por Warner Bros, ou documentais como Rande Arde ou Mar para o Museo do Mar de Vigo e realizada por Tresdeseos CGI. En 1997 incorpórase ao proxecto “Amusement” na Universidade Politécnica de Madrid. Trátase dun proxecto impulsado pola Unión Europea, nese momento pioneiro na investigación e desenvolvemento de mundos virtuais. En 1997 cursa estudios de Realización de imaxe de síntese e post-produción dixital na Escola Superior de Comunicación, Imaxe e Son (CEV), Madrid. Grafista digital para Océano TV e TVC, en Santa Cruz de Tenerife. Profesor de imaxe de síntese en Fundación Ordoño (León) e no Instituto Canario para Investigación e Desenvolvemento.