Premios:
-Porto 7 - Festival Internacional de Curtas-Metragens do Porto (Portugal): mellor curtametraxe.
-One Shot International Short Film Festival (Armenia): mención especial do xurado.
-The People’s Film Festival (Estados Unidos): mención especial do xurado.
-Marfici - Festival Internacional de Cine Independiente de Mar del Plata (Arxentina): mención especial do xurado.
-Jornadas de Cine Independiente en Buenos Aires (Arxentina): mellor curtametraxe.
-West Virginia Mountaineer Short Film Festival (Estados Unidos): mención especial do xurado.
-Uncipar - Jornadas Argentinas de Cine y Video Independiente (Arxentina): premio Sica (Sindicato de la Industria Cinematográfica Argentina) polo seu valor social.
-Festival Internacional de Cine Político (Ficip) (Arxentina): mellor curtametraxe.
- El Corto del Año (España): mellor curtametraxe.
-Concurso de Cortometrajes “Georges-Méliès” (Arxentina): terceiro premio á mellor curtametraxe.
Arxentina, 1976. Claudio vese obrigado a vivir xunto á súa familia na clandestinidade, debido aos seus ideais políticos. A casa na que viven é descuberta por un grupo de tareas. Sen tempo para fuxir, Teresa intentará refuxiar á súa filla nun mundo de fantasías, para evitar que a nena observe o horror que están a punto de vivir.
Damián Dionisio (Bos Aires - Arxentina, 19 de setembro de 1982). En 2001 ingresou na Universidade de Bos Aires na carreira de Deseño de Imaxe e Son. Perfeccionouse na dirección cinematográfica. Realizou diversas curtametraxes de ficción na súa etapa formativa, o que lle permitiu adquirir gran experiencia en rodae. Desenvólvese tamén na área da escritura de guión cinematográfico ao igual que ideas creativas e guións de tipo publicitarios. O seu último traballo de realización foi a curtametraxe La mirada perdida. Hoxe en día trata de filmar a súa primeira longametraxe.