LA MITAD DE ÓSCAR


Sección: 
Sección "O Mellor do Ano"
Día e hora: 
Luns, 19 Setembro, 2011 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
España
Ano: 
2011
Duración: 
89 minutos
Género: 
Drama
Director/a: 
Manuel Martín Cuenca
Guión: 
Alejandro Hernández e Manuel Martín Cuenca
Montaxe: 
Ángel Hernández Zoido
Fotografía: 
Rafael de la Uz
Reparto: 
Verónica Echegui
Reparto: 
Rodrigo Sáez de Heredia
Reparto: 
Denis Eyriey
Reparto: 
Antonio de la Torre
Reparto: 
Manuel Martínez Roca
Reparto: 
Salvador Gavilán Ramos
Sinopsis:

Óscar é garda de seguridade nunha salina semi-abandonada. Ten 30 anos e vive só. A súa vida consiste en ir cada día ao traballo, poñer o uniforme, colgar a pistola e sentarse a mirar os restos das montañas de sal.

Ao mediodía adoita recibir a visita de Miguel, un antigo garda xubilado. Miguel chega en bicicleta e trae sempre comida para almorzar con Óscar. Cada día, cando remata a súa quenda, Óscar cambia a roupa, toma o autobús e volve á casa. O primeiro que fai é mirar a caixa do correo e revisar o seu contestador, pero nunca hai cartas nin mensaxes… ou os que el espera. Un día a rutina rómpese cando Óscar chega á residencia de anciáns onde está o seu único familiar, seu avó, que padece Alzheimer. Púxose peor e tras ladárono ao hospital. A directora cóntalle que avisou á súa irmá…

Óscar queda petrificado; fai dous anos que non sabe nada dela e nin sequera sabía que na residencia tiñan o seu teléfono. Dous días despois, María aparece en Almería. Vén acompañada do seu noivo, Jean, un francés do que xamais oíra falar Óscar. A relación entre os dous irmáns parece tensa, algo ocorreu no pasado que os ten marcado definitivamente. María pretende pasar páxina, pero el non está disposto a facelo. 

Dirixe Manuel Martín Cuenca (Almería, 1964), licenciado en Ciencias da Información e diplomado en Filoloxía Hispánica. A súa filmografía complétase coas curtametraxes El día blanco (1991), Hombres sin mujeres (1998), Nadie (1999), o documental El juego de Cuba (2000), e as longametraxes La flaqueza del bolchevique (2002) e Malas temporadas (2005). Tamén participou en Madrid 11-M. Todos íbamos en ese tren (2005) e Últimos testigos: Carrillo (2009). En 1988 comezou a traballar profesionalmente no cine como axudante de dirección, script e director de reparto. En 1999 comeza a escribir e dirixir as súas propias películas tanto no xénero documental como na ficción.

Durante eses anos traballa tamén como profesor de dirección e interpretación en diferentes escolas de cine de España e Cuba. Colabora con algúns xornais e publicacións, e escribe unha novela e varios libros de cine. En 2009 funda a editorial Lagartos Editores, que se dedica a apoiar a novos autores andaluces e que lanza unha colección de libros de cine: Lagartos de Cine, na que se editan textos cinematográficos de películas heterodoxas.