LA MUJER CON LA NARIZ ROTA


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Venres, 23 Setembro, 2011 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Título Orixinal : 
Zena sa slomljenim nosem
País: 
Serbia - Alemaña
Ano: 
2010
Duración: 
105 minutos
Género: 
Drama
Director/a: 
Srdjan Koljevic
Guión: 
Srdjan Koljevic
Montaxe: 
Marko Glusac
Música: 
Mario Schneider
Fotografía: 
Goran Volarevic
Reparto: 
Nebojsa Glogovac (Gavrilo)
Reparto: 
Anica Dobra (Anica)
Reparto: 
Branka Katic (Biljana)
Reparto: 
Jasna Zalica (Jadranka)
Reparto: 
Nada Sargin (Jasmina)
Outros datos de interés:

45th Karlovy Vary International Film Festival (Sección East of the West).

Cinema City IFF Novi Sad 2010 (premio ao mellor guión, mellor actor principal, Mellor película, premio do público e premio da crítica).

Zurich Film Festival 2010 (Golden Eye Award á mellor película internacional).

32 Festival Internacional de Cine Mediterráneo MONTPELLER (premio Público Mozo do CMAS LANGUEDOC).

Raindance Film Festival 2010 Competition (premio á mellor película internacional).

26th Warsaw International Film Festival (Sección oficial).

Flanders Film Festival Ghent (Sección oficial).

10 Festival de Cine Europeo de Sevilla 2010 (Sección oficial).

Sinopsis:

Unha moza viaxa co seu bebé nun taxi que queda atrapado nun atasco na ponte de Belgrado. Repentinamente decide abandonar ao seu fillo no interior do vehículo e tirarse da ponte. O que comeza coma un intento de suicidio conectará as vidas das tres testemuñas: Gavrilo, o condutor do taxi, un curtido refuxiado bosnio que non se separa do bebé; Anica, profesora de instituto, que rememora o drama do accidente no que morreu o seu fillo, e a farmacéutica, Biljana, que repentinamente se dá conta de que non quere casar e foxe.

Dirixe Srdan Golubovic (Belgrado, Serbia, Iugoslavia, 1972) tras as curtametraxes S one atrane nemira (1993), Trojka (1994), o segmento Herc minuta de Paket aranzman (1995) e as longametraxes Apsolutnih sto (2001) e The trap (2010). Durante os seus estudos na Universidade de Arte Dramática dirixiu varias curtametraxes e posteriormente fundou a produtora Bas Celik cun equipo de novos realizadores de cine, dedicándose á produción de vídeo clips para os grupos musicais e cantantes, así como aclamados anuncios e campañas de marketing. Coa súa primeira longametraxe, Apsolutnih sto (Cien Absoluto), participou en máis de 30 festivais internacionais de cine, incluído o Festival de Cine de San Sebastián.