Inauguración Sección Panorama. Festival de Cine de Berlín 2012
Premio do Público. Festival de Cine Europeo de Lecce 2012
Premio Especial do xurado. Festival Internacional de Cine de Salerno
Cando Ayse celebra a súa voda no pobo no que vive, todos cren que casou con Hasan, un guapo rapaz un pouco maior ca ela. Pero, en realidade, Ayse abandona Turquía para converterse na segunda esposa de Mustafá, o pai de Hasan. Ao chegar ao seu novo fogar en Viena, algúns dos fillos maiores do seu marido danlle as costas, pero Fatma, a primeira esposa de Mustafá, acóllea como unha digna sucesora que atenderá e coidará á familia cando ela non estea. As dúas mulleres iniciarán unha amizade moi especial baseada na confianza total. Pero esta relación verase cuestionada cando a familia teña que enfrontarse a un difícil golpe do destino.