Presentada no Festival de Cine Español de Málaga, 2015
La Sonrisa Verdadera é o relato dunha viaxe a través da mirada baleira dun autista cego que percorre 1.300 quilómetros en tándem ás costas do seu irmán. O documental achéganos ata o mundo impenetrable de Sergio, tan parecido ao deserto, a onde se dirixen na súa viaxe.
Juan Rayos, filmmaker e fotógrafo que traballa o vídeo en distintos formatos partindo do documental. Desde pezas curtas puramente audiovisuais sen guión nin diálogos, a obras máis longas e narrativas. Explorou temas como o skate, Endless Roads, as festas populares, Caballos Salvajes, o teatro, Los Primeros Días…