No Madrid castizo de finais do século XIX, o enigmático fantasma do doutor Mantua revela ao rapaz Basilio a existencia dunha cidade subterránea na que habitan decenas de sinistros chepudos dedicados a actividades criminais. Basilio consigue dar coa torre dos sete chepudos, en cuxo interior permanece secuestrada e hipnotizada Inés, a sobriña do defunto doutor. Tras varias peripecias, logra rescatala e fuxir con ela do tétrico lugar.