LA VIEJA MÚSICA


Sección: 
Gala de Clausura
Día e hora: 
Domingo, 27 Setembro, 2015 - 19:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
España
Ano: 
1985
Duración: 
120 minutos
Género: 
Drama
Director/a: 
Mario Camús
Guión: 
Joaquín Camús e Mario Jordá
Montaxe: 
José María Biurrun
Música: 
Antón García Abril
Fotografía: 
Hans Burmann
Productora: 
ESTELA FILMS, S.A. e BREZAL P.C., S.A.
Reparto: 
Federico Luppi, Charo López, Eva Cooper, Antonio Resines, Assumpta Serna, Jim Wrigth, Miguel A. Rellán, Agustín González e Francisco Rabal.
Outros datos de interés:

Data de estrea: 26 de setembro de 1985 en Conde Duque, Imperial e La Vaguada (Madrid) e o 1 de outubro de 1985 en Novedades (Barcelona) 

Empresa distribuidora: Universal Pictures International Spain S.L.

Espectadores: 122.981. 

Recadación: 200.165,04 €. 

Formato: 35 milímetros. Cor: Eastmancolor. Panorámico.

Rodada en exteriores naturais en Lugo, Estaca de Bares, Viveiro, Lavacolla, Peñalba de Santiago, Ponferrada e Madrid.

Sinopsis:

Martín Lobo, exiliado uruguaio nos Estados Unidos, chega a Lugo contratado polo C.B. Breogán. A súa aparente experiencia como adestrador de equipos americanos convérteno na grande esperanza do equipo lucense, que pasa por unha mala racha. Acompáñao a súa filla Paloma, froito do seu matrimonio con Margaret, una médica neoiorquina da que está separado e que tenta por todos os medios que a nena volva vivir con ela. Martín ocupara o lugar de Moncho, a quen a súa muller, Luz, obriga a abandonar o mundo do deporte por un posto máis seguro como químico nunha fábrica. Antes, porén, comprométese a axudar o seu sucesor nos primeiros días á fronte do equipo. Lobo vai demorando o momento de prescindir dos consellos de Moncho ata que, oprimido por Luz, se ve abrigado a confesarlle a verdade. El é músico de profesión, a súa única experiencia como adestrador de baloncesto limítase a un equipo xuvenil nun instituto do medio oeste americano. O contrato co club -obtido grazas á intervención dun amigo que inventou o seu currículo- deulle a oportunidade de vir a España para tratar de localizar a Paloma, a muller coa que convivía en Uruguai e perdeu doce anos atrás, ao ter que abandonar o país. A pesar de todo, Martín está convencido de que estudando será capaz de afrontar o seu traballo. Tras seguir as fráxiles pistas que ten de Paloma será quen finalmente a atope, pero o reencontro só servirá para asegurarse da imposibilidade de reiniciar a súa relación.