Todos os días, unha hora antes da media noite, no vello Castelo de Eulenstein, o Pequeno Fantasma sae facer o seu percorrido cotián. Abúrrese e gustaríalle ver o mundo exterior … Quizais por iso, ao día seguinte de encontrarse cun grupo de nenos de excursión ao castelo, esperta tarde e atópase perdido na cidade, transformado nunha pequena pantasma escura polos raios do sol, aterrorizando involuntariamente a todos os que se encontran con el. So a axuda dos seus pequenos amigos pode salvalo. Unha superprodución baseada nun conto de Ottfried Preussler, autor tamén de Krabat y el molino del diablo, entre outros clásicos infantís.