Aínda despois do peche da liña, o vello xefe de estación segue fiel á súa tarefa. Todas as mañás viste o seu uniforme para saudar o paso do último expreso, o das 10:10. A súa paga de xubilado gárdaa íntegra para unha longa viaxe en tren que non chegará a realizar por culpa dun discurso traizoado, dunha amizade vendida.