Vestiario: Gabriella Maiolo
Presentouse no Festival de Cine de San Sebastián dentro da sección Zabaltegi e no Festival de Cine de Cannes.
Un pobo de Calabria (Italia), situado nuns altos outeiros desde os que se divisa ao lonxe o mar Xónico, é un lugar onde o tempo parece terse detido, onde as pedras teñen o poder de cambiar os acontecementos e as cabras detéñense a contemplar o ceo. Aquí pasa os seus últimos días un vello pastor. Está enfermo e cre que encontrou o medicamento adecuado no po do avimento da igrexa que toma cada noite disolto en auga. Le quattro volte é unha visión poética dos ciclos da vida e da natureza, das tradicións esquecidas dun lugar fóra do tempo. Unha película que acompaña ao espectador a un mundo descoñecido e máxico para descubrir o secreto de catro vidas misteriosamente entrelazadas entre si.