LOLA


Sección: 
Curtas - Sección Oficial
Día e hora: 
Martes, 17 Setembro, 2013 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Galego
País: 
Chantada (Galicia)
Ano: 
2011
Duración: 
12 minutos
Director/a: 
Alfredo Pardo Hermida
Música: 
Sergio Pena
Sonido: 
Daniel López
Fotografía: 
César Seijas
Productora: 
Chantada Films
Reparto: 
Uxía Blanco
Reparto: 
Mela Casal
Reparto: 
Darío Loureiro
Reparto: 
Miro Magariños
Reparto: 
Fernando Morán
Reparto: 
Irene Puyol
Reparto: 
Adelaida Vidal
Outros datos de interés:

Maquillaxe: Ana Vera

Presentación ou locución: Carlos Blanco

Sonorización, locución e dobraxe: Mandeo Records.

Subvención ou axuda pública: Deputación de Lugo.

Nestes tempos de demolición da tradición cultural, onde a simplicidade estilística e o refinamento nos seus temas, CHANTADA FILMS cre necesario un rexurdir da arte popular e de masas cunha actitude estética de arte aborixe.

Esta transición pasa por unha estrutura narrativa e figurativa dun movemento artístico que represente os eventos e a realidade. Xerando unha serie de visións utópicas. Vendo cos ollos do espectador as situacións e secuencias cunha estética visual con profundidade de campo. Un festín de imaxes para crear unha ruptura lóxica temporal.

Dende CHANTADA FILMS intentamos sintetizar o espírito cinematográfico na arte de reprodución e de encantamento, de imaxe e son, de complicidade e de distanciamento, de personaxe e de espectador, así mostra a nosa Asociación o cinema RURAL UNDERGROUND.
Sentimos a necesidade dunha revisión estética tradicional do que supón a realidade cinematográfica neste mundo contemporáneo. Unha realidade artística, tan impensable, que a reacción das mentes máis esclarecidas vexan que unha nova dimensión é posible. Empresa nada fácil.

O estilo narrativo de CHANTADA FILMS chega ao nivel onírico de representación de imaxes de simboloxía iconoclasta, para que a capacidade de recepción do espectador produza unha mestura de estrañamento e pracer con efecto de vertixe.

Este sistema híbrido de artes audiovisuais, de vocación populista, aínda que deformado e subxectivista, contén unha certa realidade social que intenta violentar á natureza do tempo real, buscando ao azar as súas formas.

Nesta orxía, arremetemos con forza contra os convencionais canons establecidos, para retornar á pureza do automatismo psíquico e as motivacións irracionais do subconsciente.

Sinopsis:

Lola é o título do último traballo de Chantada Films. A curtametraxe leva o nome da adolescente que esperta no protagonista, Cibrán, sentimentos que xermolan en contacto co mundo rural galego cara a 1964. No filme ten importancia a presenza da natureza: o olor do esterco como estimulante da sensualidade, as moutas que permiten escondites, os feixes de palla que configuran recoveques, os animais, como o cabalo que ten un papel simbólico… A realidade que constitúe os ciclos da vida axudará á transformación do rapaz, xusto cando aparecen os “pés negros”, traballadores que chegan ao pazo vinícola ao que foi enviado para esquecer, no posible, a morte da súa nai, feito que o convertera nun iconoclasta.

A historia está baseada no relato curto da banda deseñada “Roberta” do autor francés Max Cabanes. O seu director, Alfredo Pardo, que ten conseguido éxitos con achegas importantes ao cinema galego como “O labirinto ario”, soubo traela á nosa xeografía e á época dos anos sesenta, tanto a través dos exteriores como dos interiores pacegos, coidando ben os detalles e acometendo con sabedoría as pequenas adaptacións precisas, como o falseo dalgunhas tomas para introducir como fondo a arquitectura popular de nosos. A acción filmouse no Pazo de Abral, Quinteliña e Os Queixeiros.