Lolo Rico


Sección: 
Arte de Cine
Día e hora: 
Mércores, 21 Setembro, 2016 - 20:00
Lugar: 
Museo Provincial
País: 
España
Ano: 
2015
Duración: 
61 minutos
Director/a: 
Julio Suárez
Outros datos de interés:

Premios:

FECICAM - Festival de Cine de Castilla La Mancha – 2016.

DANZATAC - Festival de Danza de Tacoronte, España – 2016.

SCOPIFEST - Mellor Director, Navarra – 2016.

Sinopsis:

Lolo Rico demostrou durante toda a súa vida ter unha mirada real, sincera, feminina e valente, unha mirada sen enganos, non inventada e en busca constante da liberdade. E este documental trata precisamente diso, dunha busca incesante da liberdade. Considerada como unha das mellores directoras de programas infantís, Lolo mantivo o pulso ante os diferentes sistemas cos que se foi atopando na súa vida, o familiar, o económico, o político, o xerárquico empresarial, etc, etc, unha loita a cara descuberta pola defensa da súa liberdade como muller. Os programas de radio e televisión que realizou son, aínda hoxe en día, recordados por unha inmensa maioría da poboación entre os corenta e sesenta anos. Entre eles destaca “La bola de cristal”, programa infantil e xuvenil que se emitiu en televisión española entre os anos 1984-88. Obtivo varios premios e recoñecementos, pero o maior deles foi que empezou con cen mil espectadores e acabou con cinco millóns.