Premios:
-Festival de Cortometrajes en Hd No es largo todo lo que reluce (España): mellor curtametraxe.
-Concours de Courts - Concours International de Courts Metrages A Toulouse (Francia): finalista á mellor curtametraxe.
-Kimera Film Festival (Italia): finalista á mellor curtametraxe.
-Worldfest - Houston International Film & Video Festival (Estados Unidos): premio Remi de ouro.
-Certamen de cortometrajes Angelika (España): finalista á mellor curtametraxe.
-Barcelona Visualsound - Festival Audiovisual de Creacion Joven (España): mellor curtametraxe de ficción.
-Festival de Cortometrajes Cortos con Ñ (España): finalista ao premio do público.
-Certamen Internacional de Cortometrajes “Roberto di Chiara” Florencio Varela (Arxentina): mención especial do xurado.
-Cortogenia (España): mellor curtametraxe e mellor música orixinal.
-Jamfest Indie Film Festival (Estados Unidos): medalla de ouro á mellor curtametraxe experimental dramática.
-Certamen Nacional de Cortometrajes Moraccion (España): segundo premio á mellor curtametraxe.
A soidade é un estado, un sentimento, con moitas preguntas e poucas respostas.
Virginia Llera (Madrid, 27 de agosto de 1980). Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid e montaxe na ECAM. Traballou en numerosas curtametraxes, series, publicidade e longametraxes desempeñando distintos postos como montadora, axudante de montaxe e script. En 2005 crea a súa propia produtora para a produción e dirección da súa primeira curtametraxe El cumpleaños. Durante 2007/08 traballou como axudante de montaxe en Che (El Argentino y Guerrilla), de Steven Soderbergh. Durante a filmación rodou as curtametraxes Hotel Room e Live, love, laugh, but... con Demian Bichir e Rodrigo Santoro. En 2008 produce e dirixe as curtametraxes Mentiras-Lies, el musical e Culpa de la luna, e tamén produce Celos, una teoría de Jorge Galeano. Lone-illness é o seu último traballo.