Ata agora, a imaxe que tiñamos dos míticos Seinto Seiya (os Cabaleiros do Zodíaco) era bidimensional, acorde co manga de Masami Kurumada e coa súa adaptación televisiva; pero a produtora Toei aplicou un tratamento de choque aos personaxes, trasladándoos á animación feita con ordenador. Unha actualización que mantén intacta a esencia dunha mitoloxía asombrosa e estilizada, realizada para celebrar o 25 aniversario do manga/anime de Masami Kurumada.