Nun vello barco naufragado, os nosos amigos descubriron un misterioso medallón de latón. Joe cre que é a clave para encontrar un antigo tesouro pirata e a última oportunidade para non perder a súa casa e as terras da súa tribo que están a punto de ser reconvertidas nun complexo turístico. Xuntos, o grupo de amigos embarcará nunha perigosa aventura que os levará a percorrer a xungla Noketa. Cos matóns Nick e Cassi pisándolles os talóns, lograrán recorrer parte da xungla ata que Nick se desmaia e cae enfermo. O antídoto para a súa enfermidade, unha rara herba, medra na cima dunha montaña a quilómetros de distancia. So coa axuda do seu fiel can Timmy, lograrán curar a Julian, pero o tempo aprema para salvar a baía, a demolición está a punto de empezar … Lograrán Os Cinco encontrar o tesouro?