Losa Game. Retrato dun artista outsider é unha película documental que traza un percorrido polo territorio híbrido entre a arte e a esquizofrenia a través da vida de Ramón Losa, artista marxinal que ao longo dunha serie de encontros vai tratando e retratando unha serie de aspectos sobre a súa enfermidade mental, as súas relacións, o seu entorno e, ante todo, a súa relación coa arte, os donos das galerías, os críticos e, o máis fundamental, a súa propia obra plástica que mostra e crea ante a nosa mirada.