2014: Premios Goya: Mellor actriz (Bárbara Lennie). 7 seleccións.
2014: Festival de San Sebastián: Cuncha de ouro (Mellor película) e Mellor director.
Luís (Luís Bermejo), profesor de literatura en paro, trata de facer realidade o último desexo da súa filla Alicia (Lucía Pollán), unha nena de 12 anos enferma de cancro terminal, ter o vestido oficial da serie xaponesa de debuxos animados "Magical Girl Yukiko". O elevado prezo do vestido levará a Luis a intentar encontrar os cartos de forma desesperada cando coñece a Bárbara (Bárbara Lennie), unha atractiva moza casada que sofre trastornos mentais, á súa vez relacionada con Damián (José Sacristán), un profesor retirado cun tormentoso pasado. Os tres quedarán atrapados nunha escura rede de chantaxes, na que instinto e razón entran en conflito.