Idea orixinal: Luz Darriba.
Co auspicio da Rede Museística Provincial de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo, Cultura. A colaboración da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, o Museo da Inmigración, o Arquivo da Inmigración Galega, o Consello da Cultura Galega, o Arquivo da Emigración Galega MUPEGA, Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela) e o IES Pintor Colmeiro (Silleda).
O documental rexistra a realización da instalación visual realizada pola artista Luz Darriba en Arxentina. Un grupo de mulleres vinculadas coa diáspora galega deixaron no papel parte dos seus recordos, historias e nostalxias. E, no filme, os seus testemuños, para mostrar, cada unha desde a súa individualidade, as marcas indelebles que deixa na pel o desarraigo da migración.