Deseño de produción: Astrid Poeschke.
Vestiario: Nadine Kremeier.
Distribuidora en España: Pirámide Films.
Festival Internacional de Cine, San Sebastián, 2010. Festival Internacional de Mannheim-Heidelberg. International Hofer Film Days, 2010: Premio Mellor vestiario, Mellor decorado - Festival International du Film de Marrakech 2010 - Festival Internacional du Film Francophone de Namur, 2010 - Reencontres du Cinéma Européen de Vannes 2011, Nominación: Miradas sobre o cine belga, Sophi Schoukens -Festival Internacional du premier film d’Annonay 2011. Nominación: Cinéma Belga, Sophi Schoukens.- Festival du Film Francophone de Grèce 2011. Nominación: Panorama du cinema française, Sophi Schoukens.
Marieke é unha moza de vinte anos que busca nos brazos de homes maiores a figura dun pai que morreu prematuramente e en estrañas circunstancias. Vive coa súa nai, unha muller que non sabe como amar, fría e distante desde a morte do seu marido. Durante o día, Marieke traballa nunha fábrica de chocolate de Bruxelas; pola noite, ten aventuras con homes maiores. Nos seus brazos, encontra momentos curtos de amor e a memoria do seu pai desaparecido. Con eles séntese ben, querida e libre. A chegada de Jacoby, un editor de libros en busca do último manuscrito do seu pai, trastorna o precario equilibrio de Marieke. A súa nai fai todo o posible para mantelos separados porque teme que el revele o segredo que permaneceu oculto durante anos.