“Conocí poco a Andrés, trabajamos juntos en un corto y nos mandábamos mensajes para navidad. Con lo poco que lo conocí, sé que además de un exquisito actor es un hombre luminoso, ético y luchador. Se fue de gira, ojalá le lleguen mis mensajes de navidad.” (Germán Tejeira).
Nun día como tantos, a oficina de Antúnez recibe unha caixa sen destinatario nin remitente. Esa tarde, Antúnez vaise por uns días de viaxe e confíalle ao novo da sección, Lontegui, o coidado da caixa. Co paso dos días, aumenta a curiosidade de Lontegui por coñecer o contido da pesada caixa á vez que outros funcionarios se suman tamén ao interese por ela.
Dirixe Germán Tejeira (Montevideo, 1982). Ingresa na Escola de Cine do Uruguai no ano 2004 nas carreiras de Realización Cinematográfica e Dirección de Fotografía. Produtor executivo do proxecto longametraxe de ficción Anina, dirixida por Alfredo Soderguit, en etapa de pre-produción. Ganador do Premio FONA 2006. Ganador do Fondo Ibermedia Desenvolvemento e Declarado de interese cultural polo Ministerio de Educación e Cultura de Uruguai. Director, produtor executivo e guionista do proxecto longametraxe de ficción Una noche sin Luna, en etapa de desenvolvemento. Produtor Executivo do proxecto longametraxe de ficción Cabeza rodante, dirixido por Julián Goyoaga, en etapa de desenvolvemento. Ganador do Premio IBERMEDIA DESARROLLO e Declarado de Interese cultural polo Ministerio de Educación e Cultura de Uruguai. Asistente de dirección do proxecto da longametraxe de ficción Ojos de madera, do director Roberto Suárez. Codirector e produtor executivo da curtametraxe El Hombre Muerto, baseado no conto homónimo de Horacio Quiroga. Codirector e montaxista do documental Sin tierra en el desierto. Ganador como produtor executivo do premio FONA polo proxecto da longametraxe de animación Anina Yatay Salas. Director invitado do programa El Otro de Televisión Nacional. Asistente de dirección da curtametraxe Sea Males, gañador en La Pedrera Short Film Festival 2007 como Mellor Curta Uruguaia, Premio Kodak-Montrasi e Premio do Público. Asistente de dirección da curtametraxe Noche fría. Invitado pola Cinemateca de Toulouse para participar da mostra internacional de curtametraxes “La Corrida” onde presentou Gol, traballo de ingreso da Escola de Cine. Fotógrafo, produtor asociado e deseño de son da curtametraxe Tanto Tiempo. Ganador do concurso “Muestra de cortos Sedal”, La Pedrera Short Film Festival, Premio FIPRESCI na sección Curtametraxes Nacionais. Director e guionista da curtametraxe Gol. Ganador do premio á “Mellor Dirección” na Pedrera Short Film. Ganador do Premio FIPRESCI na sección Curtametraxes Nacionais da edición 2006 do Festival Cinematográfico do Uruguai, organizado por Cinemateca Uruguaya pola súa curtametraxe Gol. Asistente de dirección e produtor asociado da curtametraxe En la Plaza. Codirector e produtor executivo da curtametraxe documental Polanco, plan piloto.