25 Premios Goya 2011 — mellor curtametraxe documental español
“Son o cine Ortega de Palencia, aínda que nacín en tempos de guerra prefiro a paz…”. Así empeza a nova curtametraxe-documental do director de Medina de Rioseco Ramón Margareto. A película percorre a historia sentimental do Cine Ortega, da capital palentina, desde que abriu as súas portas en 1937 con capacidade para 1.800 espectadores, ata que sufriu unha reforma integral para converterse en multisalas en 1997. Ramón Margareto, Moncho, como é coñecido en Medina de Rioseco, acaba de debutar como pintor con varias exposicións na capital de España e está en plena fase de rodaxe dunha mediametraxe de animación Salamandras, unha reflexión sobre as artes plásticas.
A curtametraxe Memorias de un cine de provincias, gañadora do Goya ao mellor documental, de 18 minutos de duración, é o relato autobiográfico deste cine de Palencia, fundado durante a Guerra Civil pola familia Ortega e que a finais da década dos 70 foi adquirido pola familia Margareto, que tamén rexentou o cine Omy da Cidade de los Almirantes. En realidade, é o propio cine o que fala e o que vai contando a súa historia e as súas peripecias, as películas que nel se proxectaron, os sucesos vividos sobre a Guerra e a postguerra. A cinta remata en 1997, ano en que se proxectou a superprodución Titanic e no que se produce a reforma. A homenaxe do director a seu pai é implícita en toda a película: “Realmente detrás da voz do Cine Ortega está a de meu pai, grazas a el hoxe podo ser director de cine, el foi o que me inculcou a súa paixón por este mundo”.
Memorias de un cine de provincias é a historia dos moitos cines desaparecidos das nosas cidades.