Vivian e Chloe, dúas primas que viven en Brooklyn, foron inseparables desde nenas. Trala repentina morte da súa tía Isabelle, herdan a súa histórica panadería. Vivian, que propuxo a súa soñada viaxe a Europa para axudar na tenda, quere manter a tradición. En cambio, Chloe, axudante de cociña nun popular programa gastronómico, considera que hai que modernizar o negocio. Pero cando o banco lles comunica que están a punto de ser desafiuzadas, ningunha das dúas dubida en poñerse mans á obra para preservar o legado familiar.