Festival Alcances - Premio do público á mellor longametraxe e Mención Especial do xurado.
Mostra de cine europeo de Lanzarote.
Premio Cineasta de Futuro Extrama´doc.
Premio Mellor longametraxe Festival de Málaga.
Sección Oficial DocumentaMadrid.
Panorama nacional Cinespaña, Festival du film espagnol de Toulouse.
Sección Oficial Documentais SEMINCI de Valladolid.
Festival de Cinéma de Douarnenez. Festival de Cine de Ourense. Panorama Galiza L'Alternativa. Festival de Cinema Independent de Barcelona.
Panorama Cineuropa - Audiovisual Galego.
Antes viaxabamos por estradas que atravesaban lugares habitados. Hoxe, aquelas rúas foron substituídas por autopistas ailladas da paisaxe que atravesan. Durante moito tempo, a N-VI foi unha das estradas máis importantes de España. Unía Madrid con Galicia ao longo de 600 kilómetros. Agora a autovía A-6 cubre todo o traxecto. Algúns tramos da vella N-VI desapareceron, outros quedaron case abandonados, como illas á deriva, kilómetros de asfalto que empezan e acaban en ningunha parte, e con eles as aldeas e pobos que atravesaban. Nas marxes daquela estrada permanecen os seus habitantes, cuxas vidas quedaron encalladas nun presente sen demasiado futuro.