Premios
-Festival Nacional de Cortometrajes “Andoenredando” (España): premio xurado xoven.
-Festival Internacional Cine Universitario Lanterna (México).
-Mostra de Cinema Jove D’elx (España): mención especial aos valores sociais.
-Concurso de Cortometrajes por la Diversidad y contra la Discriminación Zubiak (España): mención especial.
Ngutu é un vendedor de xornais ambulante que apenas vende exemplares. Indignado, dedícase a observar detidamente aos peóns para poder progresar no seu negocio.
Daniel Valledor (Caracas - Venezuela, 7 de outubro de 1983). En Madrid licénciase en Comunicación Audiovisual, especializándose en Dirección cinematográfica no TAI e en Dirección de fotografía na ECAM. Traballa como director de fotografía en curtametraxes, documentais e vídeos promocionais, conseguindo varias mencións. En 2006 dirixe a súa primeira curta Lebensraum. Ngutu é o seu segundo traballo.
Felipe del Olmo (Madrid, 13 de abril de 1985). Estuda Comunicación Audiovisual na Universidade Europea de Madrid. Traballa como realizador de videoclips e vídeos promocionais, á vez que escribe e dirixe varias curtametraxes: Serse (2003), Pies desnudos, corazón roto (2005), Alas de papel (2006), Noche de rayos (2010) e Ngutu (2012), conseguindo varias mencións en festivais.