A película foi seleccionada en:
6o Kin International Film Festival, Yerevan (decembro 2009).
6 Festival de Cine de Rengo, Chile (febreiro 2010).
Premis Tirant Avant, Valencia – España (febreiro 2010).
50 Festival de Cartagena de Indias (marzo 2010).
17 Sguardi Altrove, Milano - Italia, Premio del Público (marzo 2010).
5o Broad Humor Film Festival, Los Angeles (xuño 2010).
Helena descobre que a súa relación de parella é unha farsa pero é incapaz de afrontalo. Conmocionada e coa compañía da súa cámara de fotos, embárcase na noite máis estraña da súa vida cando empeza a perseguir á amante do seu noivo. Na vida nada é o que parece e pouco sae como esperas, pero nun momento todo pode cambiar. Noche transfigurada é unha comedia sobre as relacións humanas, sobre como tomar as rendas da túa vida cando estás no teu peor momento, pero sempre se pode caer máis.
Dirixe Alexia Muíños, nacida na Coruña, onde estuda violoncello no Conservatorio Superior e licénciase en CC. Químicas. Formada como actriz e directora en distintas escolas de Barcelona e Nova York. Compaxina o seu traballo como directora e realizadora co seu traballo como actriz en diversos proxectos de teatro e publicidade en Barcelona. O seu estilo foi valorado como íntimo e moi persoal, próximo á expresión poética. Antes de Noche transfigurada realizou as curtametraxes: Ilusión, seleccionada en Puerto Rico, Hayden Film NYC,19 Girona Film Festival, 9th WT OS Film Festival, Semana Internacional de Cine de Ourense, Figueres 2007, Alcorcón 2008, V Ciemcine de Ciempozuelo e Naoussa Film Festival; Enredo, Premio do Público en Certamen “ENCORTOS”, Viveiro 2005, Premio Especial do Xurado no 17 Festival de Cine de Girona e seleccionado en varios festivais internacionais; Medianoche, seleccionado en Bradford Film Festival, Premis Tirant, San Petersburgo, París, Colombia. 30th Weiterstadt, Cinema da Mare y Kenya e Domingo por la mañana, ganador do 6o Certamen Videominuto Zaragoza e seleccionado en varios festivais en Roma, Cáceres, Girona e Los Ángeles. Actualmente traballa na súa segunda longametraxe.