Curta e simple historia. O meu amigo fixo unha pintura dunha fotografía dunha manifestación contra a crise económica e unha película desa pintura. Entre estes dous obxectos atópase un camiño que se iniciou nunha fotografía casual e rematou nun garaxe mal iluminado. Cuando mi amigo hizo una pintura é, en orden de importancia, unha curtametraxe sobre un lugar, un amigo, un acto creativo, unha pintura e o silencio dunha manifestación.