PHINEAS Y FERB. A TRAVÉS DE LA 2ª DIMENSIÓN


Sección: 
Ciclo Infantil
Día e hora: 
Venres, 20 Setembro, 2013 - 18:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Título Orixinal : 
Phineas and Ferb: Across the Second Dimension.
País: 
Reino Unido e USA.
Ano: 
2011
Duración: 
79 minutos
Director/a: 
Dan Povenmire e Robert Hughe
Producción: 
Produción executiva: Dan Povenmire e Jeff Marsh
Guión: 
Dan Povenmire, Jeff Marsh e Jon Colton Barry
Música: 
Danny Jacob
Outros datos de interés:

Distribuidora: The Walt Disney Company Spain.

Sinopsis:

Cando xa crías que Phineas e Ferb non podían sorprenderte máis, aparecen vivindo aventuras nunha nova dimensión. Phineas, Ferb e Perry seguen ao Doutor Doofenshmirtz a través do seu “Otro-dimensionator” e atópanse nun universo alternativo onde un dobre realmente malévolo do Doutor Doof domina o mundo cos seus robots de ferro. Para salvar aos seus amigos dun tráxico final, Perry sacrificará a súa identidade secreta como Axente P, así Phineas e Ferb escaparán e coñecerán aos seus dobres na segunda dimensión. Como non podía ser doutra forma, os irmáns máis enxeñosos desta e outras dimensións embárcanse nunha misión de alto risco para salvar á súa mascota. Así empeza unha batalla épica na que os nosos heroes intentarán salvar o seu fogar das garras do malvado Doutor Doof… e o seu Ornito-borg.